CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello do Barco organiza cine para escolares no Teatro Lauro Olmo

Entrada ao Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto de arquivo.

 

Este martes de vén iniciarse unha actividade de cine para escolares no Teatro Lauro Olmo, organizado pola Concellería de Cultura e Educación. Está previsto que nela participen case que 900 alumnos de Infantil e Primaria dos centros barquenses, contactados polo Concello, para ver un filme infantil sorpresa. “O obxectivo deste programa é que os nenos do Barco coñezan o cine e se afeccionen ao mesmo”, sinala o Concello.

O programa de sesións será o seguinte:

Martes, 1 de abril, 10:30 Divina Pastora
Mércores, 2 de abril, 10:00 Condesa Fenosa
Xoves, 3 de abril, 11:30 Otero Pedrayo e Julio Gurriarán

Back to top button