CulturaCulturaÚltima hora

O Concello do Barco proxecta mellorar o parque infantil de Viloira

Así o aseguraba o alcalde en resposta a un rogo da concelleira do BNG, Noa Fernández, que pedía un maior coidado deste espazo

 

Pedía un maior coidado e mantemento para o parque infantil da Casa Grande de Viloira, no que hai moitos nenos “e non ten todo o coidado que debera. En concreto cando caíu unha rama dunha árbore sobre el, estivo varios días sen retirarse”.

O alcalde respondía que o parque “está controlado e aí estamos pendentes dende hai dous anos da Xunta de Galicia, que é a propietaria dese espazo, para que presenten un proxecto de reaxardinamento, de recuperación do xardín. Espero que no 2025 se presente ese proxecto. O tema máis preocupante alí son os vehículos, entón fagamos un espazo moito máis amplo para os vehículos e reordenemos o xardín para que o resto sexa iso, xardín”.

Así mesmo o rexedor dicía que para o 2025, “se se conseguira isto, dende logo ese parque ten que ser prioritario nese poceso de mellora dos parques infantís. Nós conseguimos que se podaran as árbores en condicións, pero nunca estás exento de que caia unha rama. Aí imos poñer unha rede por riba, por se algún día cae outra ponla, que non haxa ningún perigo. Hai que darlle unha volta ao parque no seu conxunto e poñer algún aparato máis. De feito, valoramos quitar os aparatos biosaudables que non teñen moito uso e ampliar o parque, porque aí hai moito neno, tanto de Viloira como do Barco. O obxectivo para o ano que vén é ese parque”.

 

Un dos momentos do pleno de novembro no Barco.

 

Nesa mesma cuestión incidía tamén, noutro rogo, a concelleira do PP Dosinda Arias, que mesmo plantexaba que se valorase se “puidese haber outra ubicación porque con tanto vehículo, pode ser un perigo para os nenos”. Alfredo García insistía en que “en función do proxecto que presente a Xunta, pois valoraremos iso. E cando o presenten, levareino a comisión de obras e opinaremos onde poñemos o parque, se o mantemos alí ou non”.

Fotos: O SIL.

Back to top button