
O Concello do Barco iluminará esta tarde-noite coas cores azul e rosa como xesto de sensibilización sobre a morte e o duelo xestacional e neonatal, na xornada na que se conmemora o Día Internacional da Morte Perinatal, promovido por varias asociacións de apoio a nais, pais e familias de toda España.
“A finalidade de proxecto é concienciar sobre a morte perinatal, recoñecer o significado da perda dun bebé e diminuír o estigma e tabú que, a miúdo, obriga ás nais e pais a vivir o duelo en silencio e sen o apoio adecuado”, indican dende o Concello do Barco, que en anos anteriores ten promovido diversas iniciativas con relación a esta temática.
O 15 de outubro de cada ano celébrase o día internacional da morte perinatal co propósito de concienciar sobre o que significa a perda dun bebé durante o embarazo, o período neonatal ou o primeiro ano de vida, tanto para as mulleres como para as súas parellas, familias e contorna próximo.
O duelo perinatal afecta a unha poboación de persoas moito máis ampla do que xeralmente se pensa, e en España, estas perdas afectan cada ano a entre 80.000 e 90.000 mulleres, e polo tanto tamén ás súas familias e entorno máis próximo.