OurenseÚltima hora

O concurso do cartel das Festas de Ourense pecha o prazo de entrega o sábado

Cartel do pasado ano.

O prazo para presentar propostas para o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de Ourense 2017 está aberto até o sábado, 20 de maio.

O certame está dotado cun premio de 1.000 euros. Repetindo o modelo seguido no pasado ano 2016, o concurso desenvolverase en dúas fases. Un xurado designado polo Concello elixirá 5 carteis, que se exporán ao público para que os cidadáns decidan o gañador, a través dunha votación popular, por vía telemática. As bases do concurso pódense consultar nas webs do Concello e da Concellería de Cultura.

Segundo rezan as bases, os carteis serán representativos e relacionados coas Festas da cidade de Ourense. Poderá concursar toda persoa física ou xurídica, entregando os traballos no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Festas 2017” e debaixo un pseudónimo ou lema; dentro deste, nun sobre pechado, no que figurará por fóra o mesmo pseudónimo ou lema, os datos de identificación, enderezo e teléfono. Só se abrirá o sobre da obra que resulte premiada.

Os carteis deberán de incluír obrigatoriamente o seguinte texto: “Festas de Ourense 2017”. A obra deberá ser orixinal e inédita, non debendo ter sido premiada anteriormente nin atoparse pendente da resolución do xurado noutros concursos.

O xurado valorará o conxunto de propostas presentadas tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. De entre os traballos recibidos, seleccionará 5 para que se expoñan ao público e o gañador sexa elixido mediante votación aberta á cidadanía.

Artigos relacionados

Back to top button