
Os Radiofeccionados de Trives, o Grupo DX Tierra de Rosalía de Padrón e Radio Club Fene Alfa Charlie, promotores do concurso en DMR “O diploma A Cabra tira ao monte” veñen de dar a coñecer os nomes dos ganadores desta primeira edición.
Na categoría de maiores impoñíase Begoña EB1DBX de Fene, mentres que na de nenos vencía a familia Culebro de Badaxoz. En ambos casos xa recibiron as súas distincións.
Esta singular iniciativa, que se activou conxuntamente con cq Breico España, desenvolvíase cunha exitosa resposta en maio. En concreto case 600 persoas de diversos puntos de España e tamén do estranxeiro participaban nela.
Esta boa acollida animou aos organizadores a celebrar un novo concurso pensando xa na Noite de San Xoán. Trátase de “Noite Meiga” e terá lugar da noite do 23 ao 24 de xuño.
Fotos cedidas.