O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuníase esta mañá coas alcaldesas dos municipios ourensáns de Larouco, Porqueira e Lobios, Patricia Lamela, Susana Vázquez e Carmen Yáñez, respectivamente.
Tamén mantiña un encontro coa rexedora do municipio coruñés de Boimorto, María Jesús Novo, e co rexedor do concello lucense do Saviñao, Juan Carlos Armesto, que asistiu co concelleiro de Deportes, Jorge Rodríguez.
Nestes encontros de traballo tratáronse as demandas destas entidades locais para avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos proxectos municipais no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.