EconomíaEconomíaÚltima hora

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra reúnese co conselleiro para abordar o Plan de Sustentabilidade Turística

O obxectivo é impulsar os seus valores como destino verde ligado á aposta polo medioambiente e a paisaxe cultural

 

Os representantes do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra reuníronse nesta mañá de 6 de agosto co conselleiro en funcións de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, para abordar o Plan de Sustentabilidade Turística. Roman Rodríguez expuxo os detalles desta iniciativa, na que colaborarán a Xunta, o Goberno central e as entidades locais e que ten por obxectivo reactivar esta industria da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, ambiental e territorial.

 

 

A iniciativa componse de dúas vertentes, unha centrada en destinos xa consolidados, caracterizados por recibir unha gran afluencia de xente e que busquen reorientar o seu modelo turístico cara outros máis intelixentes e sustentables, e outra vertente, na que se encadraría a Ribeira Sacra, focalizada en destinos rurais ou de interior que ten por obxectivo poñer en valor aspectos como o patrimonio cultural ou medioambiental ou crear novos produtos turísticos baseados nas súas particularidades.

Artigos relacionados

Back to top button