Vén de celebrarse a cuarta edición de “Santa Cristina In Música, diálogo musical na Ribeira Sacra, da man de José Hermández Pastor e co título “En alas del espíritu”, cun cheo total. O público seguía a actuación en absoluto silencio no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil) ata o remate, a petición do artista, que saíu emocionado e contento.
Hernández Pastor e un cantante, musicólogo e director, que conta no seu haber cos premios e distincions máis prestixiosos como o Premio Nacional de Música 2004 ou o Diapasón D’Or francés
O contratenor recoñecía a espectacular acústica desde mosteiro como un sitio ideal para este concerto como Unha viaxe espiritual.
Ten actuado no Teatro Real de Madrid, no Liceu de Barcelona, Teatro dos Campos Elíseos de Paris, Amsterdam, México entre outros,moitos lugares.
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradeceu a coordinación de ShellyArt que fai posible que eventos desde tipo teñan lugar no mosteiro de Santa Cristina, así como a colaboración do Inorde e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Depuración e Adega Ponte da Boga e anunciaba que xa encargou a próxima edición.
Fotos cedidas.
