ConcellosÚltima hora

O Coro “Sotto voce” da Pobra do Caramiñal vive a Semana Santa nas parroquias trivesas

 

Hai máis de quince anos, os membros do Coro da Pobra do Caramiñal (Sotto voce) desprazáranse durante a Semana Santa ata comarca da Pobra de Trives para vivir a súa “Pascua-Rural” nas parroquias de San Mamede, Pareisás, Cova, Penapetada, Cotarones, Castro, Vilanova, San Lorenzo, Barrio, Sas e Penafolenche…

 

 

Móvelles a “xenerosa intención” de facer máis intensas, participativas e vivas as distintas celebracións. Acompañando ao sacerdote redpondable das mesmas, Belisario, o Xoves Santo celebraban a Institución da Eucaristía; o Venres Santo solemnes Viacrucis e celebración da Paixón; e concluían celebrando “festivamente e con inmensa alegría” a Resurrección do Señor coa solemne Vixilia Pascual nalgunhas parroquias.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button