SanidadeÚltima hora

O cribado de Ourense e Barbadás, cun 49,5% de participación, detecta 51 positivos

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convocaba este xoves, 15 de xullo, a 3.000 persoas dos concellos de Ourense e Barbadás con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, a participar nun cribado para detectar positivos asintomáticos ante a explosión de casos no perímetro formado por ambos municipios, onde os contaxios se triplicaron na última semana, pasando de 212 a 630.

O cribado realizábase en horario de tarde no Pavillón Deportivo Paco Paz, entre as 16h. e as 20h., mediante test de antíxenos. As persoas seleccionadas eran convocadas vía SMS, podendose comprobar tamén a cita na App (de descarga gratuita) Sergas Móbil.

Do total de citados, acodían 1484 para facer a proba, o que supón un 49,5% de participación. Detectábanse 51 positivos, tal e como vén de informar o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button