
O xornalista internacional especializado en enogastronomía, Joaquín Hidalgo, achegábase neste luns 21 de xullo ata a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, onde cataba un total de 68 viños amparados, 38 deles brancos e 30 tintos.
Na súa primeira visita a Valdeorras, este crítico de viños e editor para Chile, Arxentina e España, no medio estadounidense Vinous.com, explicaba que “cando un cata viños, o que máis lle chama a atención é a diferenza, e cando non está condicionada polo tipo de chan, pola anada ou pola forma de facer do productor, entón o viño ten maxia. Hoxe probei viños que teñen esa condición”.
Ademais, sobre os viños brancos, todos elaborados coa variedade de uva godello, apuntou que “nesta rexión ten un plus” afirmando que puido probar “viños con moita personalidade”.
Logo de realizar un percorrido por diferentes denominacións do norte de España, nas que catou máis de 400 viños, visitou Valdeorras por primeira vez “porque os seus viños chamáronme a atención”. Despois da cata Hidalgo indicaba que na súa vindeira visita no 2026 proxecta dedicarlle máis tempo a esta denominación porque lle gustaría “coñecer a viña e como funcionan” os seus viñedos.
“A visita deste profesional do xornalismo especializado en viños, vén a refozar o crecente interese pola viticultura valdeorresa e ofrece unha oportunidade para dar visibilidade ao traballo das súas adegas”, segundo o CRDO Valdeorras, que tamén destácase esta visita “como impulso para afianzar a proxección internacional dos viños da denominación”.

Vinous.com
Con formación en Enoloxía e Xornalismo, Joaquín Hidalgo é unha figura clave da comunicación no mundo do viño no ámbito hispano desde fai máis de 20 anos, con presenza en diversos xornais e outras publicacións especializadas, como a recoñecida revista internacional Vinous.com. Fai case dous anos, sucedía ao crítico Josh Raynolds como catador dos viños españois para a mencionada publicación.
Vinous.com é unha publicación independiente sobre viños afincada en Estados Unidos. A revista conta cun gran equipo de críticos e escritores de renome, recoñecidos a nivel internacional. Estos expertos publican anualmente preto de 30.000 reseñas de viños e ofrecen unha cobertura profunda de novos lanzamentos, catas verticais, visitas a produtores, mapas interactivos, recomendacións, entre outras cousas