PolíticaÚltima hora

O deputado popular Celso Delgado celebra que o Ministerio de Transportes delimitase unha zona peonil no paso sobre a N-120 no Barco

Cedida.

 

Os deputados ourensáns do PP no Congreso preguntaban en febreiro deste ano ao Goberno se o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible tiña previsto habilitar beirarrúas no novo paso superior na N-120 á altura do km 456 ao seu paso polo Barco.

Agora, din os deputados, veñen de recibir a resposta do ministerio no cal se indica que nese paso vaise delimitar unha zona peonil de 80 m de ancho nunha das marxes do citado paso.

Dende o PP, o seu deputado Celso Delgado celebra que o ministerio atendese “as demandas veciñais das que o Partido Popular fixémonos eco. Certamente pediamos unhas beirarrúas e iso, razoan que non é posible polas razóns técnicas alegadas e relacionadas co cruzamento de dous vehículos. Pero polo menos dispuxéronse unhas marcas viarias cun balizamento reforzado para delimitar unha zona peonil que esperamos dean mais seguridade ás persoas que por aí crucen”.

Artigos relacionados

Back to top button