En portadaÚltima hora

O desprendemento das chapas da cornixa do Xulgados do Barco, entre as incidencias do temporal en Valdeorras

 

Segundo as previsións o vento leva horas soplando con forza na comarca de Valdeorras e con el chegaban as incidencias.

Dende primeira hora da mañá están os bombeiros do parque comarcal e a Policía Local lo Barco atendendo as numerosas incidencias provocadas polo temporal no municipio. Dende árbores caídos (un na estrada de Vales a Cesures), ata desprendementos de chapas, un pequeno na rúa Marcelino Suárez e outro de grandes proporcións no aparcadoiro do antigo matadoiro.

 

Foto cedida.

 

Con todo, o máis espectacular ata o momento é o das chapas da cornixa dos Xulgados, en pleno centro da vila. “Non quedou unha”, aseguran dende a Policía Local, ao tempo que os bombeiros procedían a retiralas.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button