EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O director da Axencia de Turismo de Galicia clausurará este venres a asemblea anual de AEVA

Nela tamén se lle renderá unha homenaxe a Luisa López Cruz, que deixa o seu posto na xerencia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) celebrará na tarde do vindeiro venres 18 de outubro a Asemblea Xeral Ordinaria 2024 da entidade, que terá lugar en Éntoma (O Barco), na adega Roandi.

A clausura da reunión correrá a cargo do rues José Manuel Merelles Remy, director da Axencia de Turismo de Galicia, e durante este acto tamén se levará a cabo unha homenaxe Luisa López Cruz, quen “se retira do seu posto como xerente de AEVA tras unha longa e destacada traxectoria na asociación desde a súa creación”.

Back to top button