EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O director de Turismo de Galicia e o director de Agacal, na 43ª Feira do Viño de Quiroga

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistían esta mañá aos actos conmemorativos con motivo da XLIII Feira do Viño de Quiroga. Estaban acompañados, entre outras autoridades, polo alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e outros membros da Corporación quiroguesa, e polo presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández.

Nesta edición a mostra reúne a 13 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Este evento conta cunha longa tradición despois de que nacese nos anos 80 para poñer en valor o viños da zona e o traballo dos viticultores e adegas familiares.

Xosé Merelles referíase na mostra ao enoturismo como un dos principais atractivos do destino Galicia así como o seu potencial desestacionalizador para repartir os visitantes ao longo de todo o ano e tamén o aspecto diversificador do territorio, xa que a Comunidade conta cunha importante cultura vitivinícola repartida en cinco denominacións de orixe, “todas elas con viños de indubidable calidade e singularidade”.

 

 

Por outra banda, Alemparte enxalzaba estas festividades, que contribúen a poñer en valor o eido vitivinícola galego, que se configura como un dos piares da economía galega, e a recoñecer o bo facer dos produtores da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

 

Artigos relacionados

Back to top button