CulturaCulturaÚltima hora

O director xeral de Inclusión Social visita a Asociación Os Tres Reinos da Mezquita

Imaxe da visita.

 

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a Asociación cultural Os Tres Reinos, onde puxo en valor o labor destas entidades que traballan diariamente para mellorar a calidade de vida dos usuarios que viven nos concellos do rural a través de actividades que revalorizan a súa contorna, ofrecendo diferentes iniciativas de ocio para as persoas que se atopan nunha situación de risco de exclusión social. A Xunta de Galicia achega diferentes axudas a esta entidade, como máis de 30.000 euros para programas para compatibilizar a vida laboral e familiar.

Arturo Parrado aproveitou para coñecer as instalacións da entidade e os programas que se desenvolven na mesma, entre os que destaca Crecemos Xogando, unha iniciativa de conciliación familiar na que se levan a cabo actividades dirixidas a nenos de 0 a 3 anos para favorecer a compatibilidade entre a vida familiar e laboral.

Artigos relacionados

Back to top button