CulturaCulturaÚltima hora

O Entroido de Samede, no Festival Internacional da Máscara “Surva” en Pernik (Bulgaria)

 

Entre os participantes no XXXI Festival Internacional de Xogos de Máscaras “Surva”, que se celebra na localidade de Pernik (Bulgaria), participa o Entroido de Samede (A Coruña). É ademais a única mascarada española que participa neste relevante evento internacional.

Os representantes do Entroido de Samede desfilaban xunto a máis de cen grupos de mascarados de toda Bulgaria e máis de vinte grupos doutros países.

 

 

“Surva non é só un Festival, senón que é “Maxia”, xuntando á xente de todas as partes do mundo no corazón da cidade de Pernik. Alí estamos dando o mellor de nós e orgullosos de amosar as nosas tradicións e de representar ó noso país”, din dende o Entroido de Samede.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button