DeportesÚltima hora

O equipo de Río imponse na 2ª xornada da Liga de Billarda Ribeira Sacra

A terceira xornada desta competición está prevista para o 24 de agosto en Trives

 

Cunha rotunda vitoria do equipo de San Xoán de Río estreábase na tarde do domingo 15 de agosto o campo de billarda Juan Pérez na localidade de Castiñeiro (Río). Nel desenvolvíase a segunda xornada da Liga de Billarda da Ribeira Sacra.

A proba iniciábase con 3 grupos de 15 participantes. Facíanse 3 carreiras, a partir das cales as 4 mellores puntuacións de cada grupo pasaban a desputar un cruce eliminatorio de semifinais e unha final a 4. O equipo local de Río vencía nesta xornada, sendo segundo o Lúa de Forza e terceiro  a Marea Verde de Manzaneda (ganador da primeira xornada disputada na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda).

Ademais no decurso desta proba entregábaselle un agasallo a modo de recoñecemento a Juan Pérez Alonso e Consuelo Rodríguez Sotelo, naturais de Castiñeiro e que tras anos na emigración decicían voltar á súa localidade de orixe e iniciar un proxecto de dinamización da mesma.

A vindeira xornada da Liga da Ribeira Sacra terá lugar o 24 agosto ás 16 h. en Trives.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button