DeportesFútbol salaPizarras Los Tres Cuñados

O equipo xuvenil do Tres Cuñados FS proclámase campión de liga da Primeira Autonómica

 

O Pizarras Tres Cuñados FS volve estar de noraboa. O equipo xuvenil adestrado por Modesto Garrido vén de proclamarse campión de liga da 1ª Autonómica correspondente á tempada 2025/26.

“Os nosos mozos realizaron unha gran tempada na que salvo unha derrota e un empate, o resto de partidos saldáronos con vitorias, referendada finalmente co título ligueiro”, asegura orgulloso o técnico acompañado por Josiño García como segundo adestrador e delegado.

O equipo gañador está formado por dous porteiros: Yago e Roberto; cinco ás: Yeray, Íker, Jhoan , Anxo e Brian; tres peches: Iván, Jharol e Yoel; e tres pivotes: Sherquawi, Jorge e Matias.

“Agora”, di Modesto, “toca centrarse no seguinte obxectivo”, a Copa Deputación Ourense de fútbol sala, así como as eliminatorias do play off de ascenso á Liga Galega.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button