O escritor Carlos Vila Sexto presenta en Ourense a súa última novela, “O enigma de Caronte”
11 de Abril de 2016
Será nun acto programado para este venres ás 20.00 horas no LiceoO escritor e guionista Carlos Vila Sexto
O escritor e guionista coruñés Carlos Vila Sexto presenta este venres no Concello de Ourense o seu último traballo, “O enigma de Caronte”. O evento terá lugar no Liceo da cidade ás 20.00 horas.
“O enigma de Caronte” é unha novela de intriga e misterio que vén a dar continuidade á traxectoria de Vila, coñecido pola súa participación nos guións de series de televisión como “Los Misterios de Laura”, emitida en Televisión Española, ou “El incidente”, de Antena 3.
Nado en A Coruña en 1977, a súa vida familiar está moi vencellada á cidade de Ourense, xa que nela pasou os seus anos de infancia e adolescencia. A súa primeira obra foi publicada con só 14 anos e son varios os recoñecementos que atesoura no eido literario.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.