CulturaCulturaÚltima hora

O escultor ourensán Cándido Caneiro desvela a “Cor da pel dos ollos” en Monforte

A inauguración desta exposición está prevista ás 19:30h. do 29 de marzo no Centro do Viño da Ribeira Sacra

 

Cartel da exposición.

Para crear recurre aos materiais que o rodean e que recicla. Sobre todo, madeiras de castiñeiros xa usadas. O escultor Cándido Caneiro, veciño de Lumeares (A Teixeira), defínese como un “artista vocacional” e sente especial predilección polas madeiras curtidas debido ao seu cálido tacto e á súa resistencia. Trabállaas ademais acompañadas do ferro e da pedra.

Unha mostra da súa última obra escultórica, reunida baixo o título de “Cor da pel dos ollos”, poderá verse nesta primavera en Monforte de Lemos. Abrirase ao público o próximo xoves día 29 de marzo ás 19:30 horas na galería do Centro do Viño. Nesta mostra, que poderá visitarse ata o 29 de abril, presentará 12 pezas de temática moi diversa en madeira de castiñeiro, carballo, ferro e pedra.

Cándido Caneiro amosaba por primeira vez a súa obra ao público no ano 1999. Ata o día de hoxe, xa fixo 23 exposicións colectivas e individuais.

Artigos relacionados

Back to top button