
Dende hai uns días xa está na rúa o “Especial Nadal 2024” do Periódico O SIL, con preto de 60 páxinas a cor e cunha ampla e variada información sobre as diferentes actividades coas que se vai celebrar este Nadal nos diferentes concellos da provincia de Ourense, así como en zonas lucenses como Quiroga: dende beléns, concertos, teatro ou cine ata as visitas do Pandigueiro, Papá Noel ou dos Reis Magos.

Tamén se inclúen interesantes artigos de opinión, a cuxos autores agradecementos a súa colaboración dende estas liñas. Este monográfico pode atoparse en quioscos e librerías.

