CulturaCulturaÚltima hora

O espectáculo de monicreques “Camiños de Aventuras”, o 8 de setembro en Quiroga

 

Nenos e maiores poderán desfrutar o vindeiro día 8 de setembro en Quiroga do espectáculo de monicreques “Camiños de Aventuras”, a cargo da compañía Títeres Cachirulo. Esta función, financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, terá lugar no Parque da Constitución (no caso de choiva trasladarase á Casa da Cultura).

A montaxe, que vencella os títeres co Camiño de Santiago, estará protagonizada por unha serie de personaxes vinculados á tradición: Don Gaiferos, a Raíña Lupa, a Raíña Isabel de Castela ou o mesmo Demo Lucifer. “Trátase dunha aventura que comenzou fai uns cinco centos anos, cando, nun lugar do Camiño, o peregrino Gaiferos atopouse co Demo, que o desafiou ao Xogo da Oca”, adiantan dende o Concello de Quiroga.

A evolución e a fin desta historia poderá verse no parque da Constitución de Quiroga o vindeiro día 8 a partir das sete da tarde.

Artigos relacionados

Back to top button