Monográfico Moda 2011Monográficos

O espírito solidario

O Auditorio Municipal de Ourense acolle a 5ª Pasarela Benéfica Oh!Urense Moda organizada pola revista Ad-Hoc, en beneficio da AECC, Proxecto Home Galicia, Asociación Síndrome de Down e AFAOR

Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

As iniciativas de carácter benéfico sempre son ben acollidas e uha vez máis a poboación de Ourense demostrou a súa solidaridade. O pasado 12 de xuño, centos de persoas enchían o Auditorio Municipal de Ourense para asistir á quinta edición consecutiva da Pasarela Benéfica Oh!Urense Moda, organizada pola revista Ad-Hoc.
Nesta ocasión a gala estivo especialmente adicada ao actor ourensán Abelardo Pérez Gabriel, moi coñecido polo seu papel como o perverso alcalde de Santalla Román Lamela, na serie da Televisión de Galicia “Libro de Familia”, que falecía en xuño de 2010 tras unha longa enfermidade.

Abelardo tiña colaborado coa pasarela en varias ocasións, de aí que a organización quixera rendir unha pequena homenaxe á súa memoria. O carácter especial desta edición, fixo que a recadación fose destinada a catro organizacións benéficas da cidade de Ourense en lugar dunha soa como viñan facendo nos anos anteriores.

As beneficiarias do evento son: Asociación Española Contra o Cancro (AECC), Proxecto Home Galicia, Asociación Síndrome de Down e Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), cuxos representantes subirían ao escenario para dar as grazas aos asistentes e á poboación que colabora coa súa causa.

Texto: Mónica G. Bellver/Ourense    Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información no Especial Moda Verán 2011 de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button