OurenseÚltima hora

O festival Galicia Ilusiona repartirá a maxia de seis figuras internacionais en seus cidades, entre elas Ourense

 

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participaba onte na presentación da quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026.

Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores.

 

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, presenta Galicia Ilusiona, Festival de Ilusionismo.

 

A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Galicia Ilusiona conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e consolídase como unha das grandes citas culturais e de entretemento do calendario galego, contribuíndo á promoción de Galicia como destino de referencia para grandes eventos culturais.

Back to top button