
A organización do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask vén de facer públicas as datas da súa décima edición. Terá lugar na fin de semana do 16 ao 18 de maio en VIana do Bolo e Vilariño de Conso.
Nos vindeiros días iranse facendo públicos os detalles da programación que, incluirá, como noutras edición, Cantos de Taberna, ViBoMusic, ViBoMarket, charlas, exposicións… e, por suposto, o espectacular desfile de mascaradas.
