
Apenas un mes antes da súa chegada á gran pantalla, a película “A Esmorga” (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia) conta xa cun espazo de seu en internet. Dende a mañá do 14 de outubro está activida a súa páxina web: www.aesmorgafilme.com.
Este filme, baseado na novela homónima do ourensán Eduardo Blanco Amor, está dirixida polo valdeorrés Ignacio Vilar e conta entre o seu elenco de actores cos galegos Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris” e co intérprete vasco Karra Elejalde. Ademais foi rodada en boa medida en localizacións da provincia de Ourense. Na web desta longametraxe pode atoparse diversa información sobre ela e tamén imaxes.

“A Esmorga” proxectarase por vez primeira na apertura do 19º Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) o sábado 15 de novembro. Sen embargo, a estrea comercial en salas de cine de toda Galicia non terá lugar ata o venres 21 de novembro.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.