DeportesPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco, 3º por clubs na Regata provincial de Allariz

Nesta proba, celebrada o domingo, dominaba o Fluvial Allariz

 

O río Arnoia acollía este domingo ao seu paso por Allariz a quinta regata provincial de piragüismo, puntuable para a Copa Deputación de Ourense 2021, na que participaban 152 deportistas (79 homes e 73 mulleres) de todos os clubs da provincia.

A proba estaba organizada pola Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI) e polo Club Piragüismo Fluvial Allariz coa colaboración do Concello de Allariz, o patrocinio da Deputación de Ourense e a Secretaria Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia. Tiña un percorrido de 1.000 m para pre- benxamíns, benxamíns e alevíns, 2.000 m para infantís e 4.000 m para os cadetes, todos eles en embarcacións individuais.

Club ganador da proba, o Fluvial Allariz.

 

Esta é a quinta regata de piragüismo, que se celebra da liga 2021, co novo formato só para categorías de idade incluídas no programa Xogade da Xunta de Galicia e levouse a cabo baixo o protocolo con estritos controis sanitarios e de seguridade que impón a FEGAPI, en todas as súas competicións, que foi validado pola Xunta de Galicia, e que en todo momento respectaron tanto os equipos participantes como o público asistente.

A entrega de trofeos realizouna a Alcaldesa de Allariz Cristina Cid.

Os resultados desta regata de piragüismo foron os seguintes:

Clasificación general por clubes:

1º – Fluvial Avión-Castrelo de Miño
2º – Fluvial Allariz
3º – Fluvial O Barco
4º – Escuela Municipal Orensana de Piragüismo.
5º – S. C.D.X Fontefría (Muiños)

Fotos: Fegapi.

Artigos relacionados

Back to top button