En portadaÚltima hora

O Fluvial Barco, con 11 podios, 3º na regata da Copa Deputación celebrada na Rúa

Nesta cita, a quinta da liga provincial, volvía impoñerse por clubs o Fluvial Avión-Castrelo de Miño

 

As augas do encoro de San Martiño acollían esta mañá a quinta proba da Copa Deputación de Ourense de Piragüismo. Numerosos padexeiros de diferentes clubs ourensáns acudían a esta proba puntuabla para a liga provincial para competir en ata 16 categorías (incluíndo as feminas e as masculinas). A proba ten sido organizada polo Concello da Rúa e polo Club Fluvial Barco, que tamén contaba cunha notable representación na cita.

 

 

De feito, os seus padexeiros sumaban uns 11 podios (2 ouros, 4 pratas e 5 bronces) nas diferentes categorías, segundo as clasificacións da Federación Galega de Piragüismo: en benxamín A K-1 Brais Rodríguez quedaba segundo, en benxamín B K-1 Alexis Núñez lograba outro segundo posto, a mesma posición que Antía Tato en alevín B, mentres que Gisela Rodríguez era terceira nesa mesma catgoría, Martina Rodríguez era terceira en PBX, Enma Tato terceira en benxamín A, Alejandro Pérez terceiro en alevín B, Carlota Díaz ganaba en infantil A, Daniel Núñez vencía en cadete e Pablo F. Carracedo era terceiro e Paula Paradelo era segunda en cadete.

 

 

Por clubs o Fluvial Barco lograba un terceiro posto con 1619, a unha notable distancia do primeiro clasificado, o Fluvial Allariz-Castrelo de Miño con 2182, mentres que o Piragüismo Ourense quedaba terceiro con 2.036 puntos.

 

 

O acto de entrega de premios, celebrado no exterior do pavillón polideportivo da Rúa, contaba coa presenza do alcaldes deste municipio e tamén deputado provincial, Álvaro Fernández.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button