O III Concurso de Carteis Festa das Covas de Vilamartín xa ten ganador. A directiva da Asociación de Coveiros de Vilamartín vén de facer público o nome do galardoado, que se decidía o pasado 17 de maio.
“Decidiuse que o traballo gañador deste concurso fose unha fotografía do fotógrafo Álvaro Rodríguez Pérez “Purre” nativo de A Rúa e residente na cidade de Vigo”, explican dende a asociación.
O premio do concurso consiste en dúas entradas para a XXIII Festa das Covas en agosto, nunha noite para dúas persoas no Complexo Hosteleiro Paladium e nunha cea para dous no Hotel A Calzada de Arcos.
Dende a Asociación de Coveiros de Vilamartín amósase o seu agradecemento a “todos os que participastes neste concurso, contamos con todos vos para o ano que vén”.