ConcellosEntroido 2024ManzanedaÚltima hora

O Fulión da Mourela p’acá visita Raigada (Manzaneda)

 

A corna, seguida do son das chocas das Mázcaras e do trepidante toque de bombos, gadañas e aixadas, volvían enchía do son do Entroido as rúas de Raigada (Manzaneda). Na noitiña deste 20 de xaneiro recibía a visita do Fulión da Mourela p’acá, que continúa as rúas rondas polas aldeas.

Arredor das oito e media, á entrada de Raigada, as Mázcaras do fulión visitante formulaban en verso a tradicional petición de permiso para poder pasar e tocar. “Boas noites teñades/ veciños de Raigada/ dá gusto como nos recibides, coa ferramenta preparada. /Somos un puñadiño de xente/ se falara o castiñeiro,/ cantas Mázcaras bailaron/ recorrendo o pueblo enteiro“.

 

 

Os representantes de Raigada daban o plácet e o fulión cobraba vida, nunha longa ronda interrompida en certos puntos para repoñer forzas. Momento no que a veciñanza da aldea sacaba bebidas, doces e outros alimentos para agasallar aos visitantes. Despois da ronda, compartían unha cea coa seus anfitrións.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button