ConcellosÚltima hora

O Fulión de Viana do Bolo enche do son do Entroido o estadio vigués de Balaídos

 

No marco dunha homenaxe ao Entroido galego, os Boteiros de Viana do Bolo e os Cigarróns de Verín saltaban esta tarde ao céspede de Abanca Balaídos, mentres soaban os bombos e os sachos do fulión vianés. Era antes o inicio do encontro entre o Real Club Celta de Vigo e o Leganés.

“Cigarróns, Boteiros e fulións foron os encargados de encher o estadio de música e cor levando o Entroido a millóns de persoas. Sen dúbida, un orgullo e identidade como preludio perfecto para un encontro no que o conxunto celeste logrou prolongar a súa serie a cinco partidos sen perder e demostrar, unha vez máis, a súa afouteza e intensidade para reaccionar ante a adversidade”, segundo sinalaba o propio club despois do encontro, no que se impoñía o Real Club Celta tras unha remontada fronte ao CD Leganés.

Fotos cedidas.

 

 

Imaxes: La Liga.

 

Back to top button