CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

O Fulión de Viana e o Entroido de Pombriego, nas XV Xornaes de Mazcaraes d’Iviernu en Asturias

Celebraranse os días 29 e 30 de marzo en Valdesoto, no concello de Siero, e nelas tamén participarán os Felos de Maceda

O fulión vianés en Valdesoto (Asturias)./ Cedida.

 

O Entroido ourensán volverá ter presenza nas XV Xornaes de Mazcaraes d’Iviernu, que se celebrarán os días 29 e 30 de marzo en Valdesoto (Siero, Asturias), promovidas pola Asociación Sidros y Comedies. Desa representació formarán parte o Fulión e os Boteiros de Viana do Bolo, que levan participando como grupo convidado neste encontro xa dende a súa primeira edición.

Ademais desta volta tamén participarán os Felos de Maceda e o Entroido de Pombriego (da veciña comarca leonesa da Cabrera). Outras celebracións asistentes a este encontro de mascaradas serán os Mazcaraos de Rozaes (Villaviciosa), os Mazcaritos d’Uviéu, as Carantoñas de Aceuche (Cáceres), os Zamarrones (La Pola Llena), a Botarga de Cabanillas del Campo (Guadalajara) e, por suposto, os Sidros y Comedies y Escolinos de Faes (Valdesoto).

 

 

O programa das xornadas incluirá o sábado 29 ás 11h. un obradoiro infantil de Mazcaraes e ás 17h. terá lugar o desfile de mascaradas por Valdesoto. Xa o domingo 30 ás 12h. terá lugar un novo desfile polas rúas da Pola de Siero.

 

Entroido de Pombriego./ Foto: A.R.

 

Back to top button