
Entre as festas de inverno que nesta fin de semana estaban presentes nas XV Xornaes de Mazcaraes d’Iviernu, que se celebraban en Valdesoto (Asturias) promovidas pola Asociación Sidros y Comedies, atopábase o Entroido de Viana do Bolo. O Fulión e os Boteiros vianeses levan participando como grupo convidado neste encontro xa dende a súa primeira edición.
O programa das xornadas incluía o sábado 29 ás 11h. un obradoiro infantil de Mazcaraes e ás 17h. o desfile dos grupos de diferentes partes de España por Valdesoto. Xa o domingo 30 ás 12h. facíase un novo desfile polas rúas da Pola de Siero.