EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O grupo Cafersa organiza unha serie de talleres gratuítos para os fillos do seu persoal

O primeiro deles, titulado "Curso de iniciació ao xadrez", tiña lugar o sábado 25 de xaneiro, en horario de 10:00 a 12:00 horas no Barco

Cedida.

 

O grupo Cafersa está a organizar talleres gratuítos de temática diversa para os fillos e fillas do seu persoal que teñan entre 6 e 12 anos. Está previsto que estes talleres se desenvolvan unha ou dúas veces ao mes os sábados pola mañá.

O primeiro deles, titulado “Curso de iniciació ao xadrez”, tiña lugar o sábado 25 de xaneiro, en horario de 10:00 a 12:00 horas nas instalacións da Academia CIX no Barco de Valdeorras.

Dende Cafersa destacábase a boa acollida que desta iniciativa, na que participaban 11 alumnos/as e da que se espera que haxa unha segunda edición no mes de marzo.

O segundo taller programado é sobre o “Entroido”, e nel explicarase a historia desta celebración e haberá pintacarás, creación de máscaras, música e xogos.

Os outros talleres previstos son:
– Taller de cociña: A volta ao mundo a través da cociña.
– Taller de expresión artística: Tocados e cintos
– Taller de Medio ambiente a través da Reciclaxe
– Taller de informática
– Taller: A miña horta urbana

Co desenvolvemento destes talleres gratuítos Cafersa busca “fomentar o interes e o descubrimento de diversas disciplinas, ampliando o seu coñecemento de forma lúdica” entre os fillos dos seus empregados.

Ademais estas actividades están “enmarcadas dentro dun proxecto de Responsabilidade Social Empresarial da empresa que corresponde cos seus valores de compromiso cos seus traballadores/as e coa contorna”, segundo a empresa.

 

Artigos relacionados

Back to top button