En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Grupo Cuevas celebrará os seus 150 anos no 2017

Despregará un amplo programa de eventos, cuxo avance presentaba o seu director xeral Artur Yuste

Tan só unha vintena de empresas españolas teñen conseguido chegar aos 150 anos. Entre elas estará no vindeiro ano 2017 o grupo ourensán Cuevas. Será un cumpreanos moi especial e que celebrarán cun amplo programa de actos que tocarán os eidos do social, o cultural, o comercial ou o deportivo e que terá como lema Xóvenes Centenarios. Así o anunciaba o director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste, acompañado por unha representación dos seus traballadores, no acto de presentación que se realizaba na sede histórica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense na mañá do 23 de novembro.

“Queremos que o 2017 sexa un ano de actividades que estean á altura do que celebramos e que se recorde, pero sobre todo queremos estar máis que nunca con quen nunca deixamos de estar, coas persoas e co seu benestar e coa realidade social coa que convivimos”, resaltaba Yuste. E así no vindeiro ano, o grupo ourensán, porá “a atención nas persoas, o corazón na castaña, as enerxías no rural e o orgullo na nosa nosa historia”.

Neste senso, Artur Yuste percorría a historia desta empresa, fundada en 1867 por Francisco de las Cuevas e que se ten perpetuado ata chegar a tres séculos e catro xeracións da familia. Actualmente esta firma dá emprego a unhas 500 persoas.

O acto remataba coa presentación dun spot que incide na idea da relatividade do tempo na que se apoia tamén o lema da celebración “Xóvenes Centenarios”.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button