CulturaCulturaÚltima hora

O Grupo “Recordar Historia” estrea cun xantar o seu noveno curso no Barco

 

Arredor da mesa xuntábanse neste 26 de setembro as integrantes do Grupo “Recordar Historia”, un proxecto que comezaba a xestarse no ano 2014 e que se materializaba coa primeira das clases un 29 de outubro no curso 2015/16. Celebraban cun xantar no Restaurante Piquiño do Barco o inicio do seu noveno curso.

 

 

A súa convidada de honra era a profesora desta formación, que imparte de forma altruísta: María Luisa Valcarce Fernández. Despois da comida, ás seis desta tarde estréabase un novo na súa aula habitual: o cuarto andar do edificio da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán. Este curso é gratuíto e está aberto a todas as mulleres que desexen participar.

Fotos: O SIL.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button