O Clúster da Pizarra de Galicia poñía en marcha neste 21 de novembro o I Premio Pioneiros da Lousa, unha iniciativa que “pretende conseguir que perdure na memoria das xeracións presentes e vindeiras, todas estas persoas que iniciaron a súa actividade con medios moi rudimentarios e conseguiron facer deste sector uno dos principais de Galicia”, tal e como explicaba na cerimonia de entrega dos galardóns o presidente desta organización, Víctor Cobo.
Tres eran os apartados nos que estaba estruturado o premio nesta edición. Un deles poñía o foco nos primeiros empresarios do sector, que eran recoñecidos cun diploma do que facían entrega o presidente do Clúster, Víctor Cobo, ou dos seus vicepresidentes, Daniel León e Jesús Vidal. Este era un dos momentos máis emotivos do acto.
Eran un total de 91 os premiados, entre os cales recollían o galardón no acto os seguintes (eles, sós ou acompañados de familiares, ou ben membros da súa familia):
Ángel Pérez, Baltasar Fidalgo, Antonio Campo, Aureliano Fernández, Ceferino Fernández, Leoncio Fernández, Leonardo Blanco, Francisco Fernández, Miguel López, Rogelio Arias, Manuel León, Emiliano Vázquez, Juan Fernández, Eleuterio Vázquez León, Benito Vázquez, José Vázquez, Eleuterio Vázquez Fernández, David Álvarez, Severino Arias, Vicente Arias, Antonio Arias, Leoncio Fernández, Benigno Domínguez, David Arias, David Oviedo, José Fernández, Antonio Fernández, Ramiro Fernández, Bernardino González, Nicanor González, Leoncio Pomar, Rogelio López, Aquilino Vázquez, Graciano Vázquez, Manuel González, Salustiano González, Esteban González, Manuel Núñez, Julio Núñez, Santiago García, Gabino García, Ventura González, Miguel González, José González, Emeterio Vega, Antonio López, Andrés López, Herminio López, José López, Manuel Moral Pérez, Rogelio Pomar, Constantino Vila, Silvestre Sánchez, Teodoro Sánchez, Benito Sánchez, Belarmino Sánchez, Daniel Sánchez, Silvestre Sánchez, Vicente Aguado, Federico García, Juan Carlos García, Belarmino Vega, Bernardino Borrajo, Florencio Cobo, Santiago Vázquez, Segundo Vázquez, José Vázquez González, Vicente Álvarez, Rogelio Carrera, Gabino Méndez, Manuel Barreda, Aquilino García, Herminio Álvarez, Tiberio Rodríguez.
Así mesmo este diploma outorgábase a outros empresarios que non puideron recollelo, pero que eran nomeados no acto: Bautista López, Ulpiano Rodríguez, Lisardo Fernández, Santiago López, Ricardo Vázquez, Dositeo Vega, Siro Vega, Alberto Vega, César Vega, Vicente García, Luciano A. Peinado, Bernardo Rodríguez, Ramiro Domínguez, Manuel Rodríguez, Dionisio Rodríguez e Venancio Pardeiro.
Máis información e fotos
Un total de 19 colocadores, recoñecidos nos I Premios Pioneiros da Lousa