CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Martaguisela do Barco, un dos 5 centros galegos “excelentes” polas súas accións innovadoras no fomento do galego

Por este recoñecemento da Xunta cada centro recibe unha dotación económica de 2.000€ e ao profesorado implicado outórgaselle unha certificación de Innovación Educativa de horas de formación

Alumnado entrando no IES Martaguisela./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Xunta de Galicia acaba de resolver o programa de Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística correspondentes ao curso 2022/2023, coa selección de oito centros que destacan polas súas propostas innovadoras para o fomento do uso da lingua galega, sobre todo entre a mocidade.

A comisión de selección valorou especialmente os proxectos en función do seu interese educativo, da súa contribución ao incremento do uso da lingua, á eliminación de prexuízos lingüísticos entre a comunidade educativa e á posta en valor do galego como lingua de interese e con proxección de futuro para a mocidade. Así mesmo, tivo en conta as propostas específicas de atención á diversidade e as medidas para fomentar os valores democráticos, en especial a igualdade, entre outros criterios.

 

Os cinco centros seleccionados como excelentes, entre os que figura o IES Martaguisela do Barco co proxecto “A literatura galega á escena”, reciben unha dotación económica de 2.000 euros. Ademais, o profesorado implicado activamente no desenvolvemento de cada un dos proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. No caso do de Mención de Honra, os docentes participantes no proxecto reciben unha certificación de accésit.

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é animar o profesorado a desenvolver accións que revertan positivamente na dinámica lingüística habitual do centro escolar e xeren melloras permanentes na práctica docente e na realidade do ensino.

Artigos relacionados

Back to top button