DeportesÚltima hora

O III Qui-Medo, que leva xa 900 inscritos, pecha en 24 horas o praza para poder anotarse

Cedida.

 

Mañá mércores, ás dúas do mediodía, péchanse as inscricións da Terceira Edición do Qui-Medo. Así o comunicaba esta mañá a organización na presentación oficial da festa, que conta coa colaboración do Concello de Quiroga, e na que xa van 900 persoas inscritas.

“Todos estes valentes participarán nunha ruta que os levará por oito terroríficas casas dentro do casco urbano de Quiroga. Dentro destas casas cen voluntarios debidamente caracterizados coa única misión de poñerlle medo, moito medo, a todos os que se atrevan a entrar”, explican os promotores do Qui-Medo, que estiman ademais que o percorrido farase en preto de tres horas, sempre que os participantes respecten os mapas que se lles entregarán cunha ruta xa marcada e que inclúe todas as casas. A idea é evitar que todos coincidan no mesmo punto a mesma hora. As entradas a cada casa estarán restrinxidas a grupos de entre 5 e 7 persoas.

Pero non só haberá unha ruta do terror no Qui-Medo, tamén haberá festa no pavillón municipal, punto neurálxico do evento. Primeiro entre as 19:30 e as 21:30, -a hora marcada para recoller as pulseiras identificativas e o mapa do recorrido por cada encargado de grupo-, todos os nenos e nenas poderán participar nunha animada festa. Aqueles que traian unha cabaza ou unha escoba decorada recibirán unha bolsa de lambetadas.

E máis festa unha vez remate o recorrido polas distintas casas. A partir das doce e media da noite festa para todos aqueles que queiran prolongar a noite do Samaín durante tres horas máis.

Artigos relacionados

Back to top button