Ourense

O lado máis literario de Salvador Dalí na Sala de Exposicións de Afundación

A exposición está composta de 70 gravados. // Foto: Carlos Asensio.

 

A Sala de Exposicións de Afundación de Ourense, na Praza Maior, acollerá dende hoxe, 6 de abirl, até o 2 de xullo a exposición “Salvador Dalí, contador de historias”. Unha escolma de máis de 70 gravados na que se mostra a faciana máis literaria do artista de Figueres.

Neste gravados, aportados polo Museo de Artes do Gravado, móstranse crecións a partires de libros como as famosas fábulas de La Fontaine; o “Pantagruel” de François Rebelais; e “O Quixote”, de Miguel de Cervantes.

A mostra estará aberta de luns a venres en horario de 17:30 a 20:30 horas e nas fins de semana e festivos de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas. Esta mañá tivo lugar a presentación na propia sala a cargo da comisaria da exposición, Gloria Potón; a coordinadora, Charo Sanjuán; e a Coordinadora Adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela.

 

Charo Sanjuán, Paloma Vela e Gloria Potón na presentación da exposición. // Foto: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button