CulturaCulturaÚltima hora

O libro que recolle as investigacións sobre a “Ciudad de la Selva” presentarase na Pobra do Brollón o 15 de novembro

 

Co obxectivo de localizar o conxunto de antigos campamentos da guerrilla antifranquista espallados polos montes de Casaio chegaban no 2017 a esta localidade de Carballeda de Valdeorras os membros de Sputnik Labrego. O seu traballo ao longo destes sete anos permitíalles localizar un total de 18 campamentos, dos que escavaban ata oito, documentando “un dos maiores conxuntos de obxectos vencellados a unha guerrilla de toda Europa Occidental”, segundo os investigadores.

Ese estudo, tanto documental como arqueolóxico, vén de reunirse nun libro que publicaba neste outono Edicións Positivas: “Ciudad de la Selva. Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio”. Este volume de preto de 300 páxinas, con limiar de Xurxo Ayán e coordinado por Carlos Tejerizo e Alejandro Rodríguez, será presentado o vindeiro 15 de novembro ás 18h. na Pensión As Viñas, na Pobra do Brollón.

O acto contará coa presenza de Carlos Tejerizo e Alejandro Rodríguez, coordinadores da obra, así como de Francisco Macías, o seu editor; da poeta Olga Novo e do arqueólogo Xurxo Ayán.

Back to top button