CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

O lume toca O Teixadal de Casaio, pero por agora conseguiuse frealo e salvar o bosque

Sen embargo, ardeu por completo o Foio Castaño, outro referente natural de Trevinca

 

As chamas do incendio que afecta ao municipio de Carballeda de Vadeorras tocaban o milenario bosque do Teixadal de Casaio, un dos referentes desta especie en Europa, pero tanto os esforzo de veciños lograba, polo de agora, frealo e evitar un novo desastre medioambiental nesta vaga de lumes que asola á provincia.

O que non se puido evitar foi que ardese totalmente o Foio Castaño.”Non quedou nada. No Teixadal ardeu todo arredor, pero entre todos os veciños conseguimos apagalo e non entrou. Ese día estabamos sós os veciños, o luns, estabamos sós. Os medios chegaron onte”, explican os veciños.

Onte os veciños traballaron unidos para apagar a ladeira que baixa fronte ao Teixadal e nese intre incoporábanse aos labores de extinción 3 helicópteros e unha brigada. Arestora, o lume ten varios frontes en Casaio: hai un que continúa por baixo do Foio Castaño e está en fronte da zona coñecida como As Morteiras e o que segue tras pasar O Teixadal que se volvía reavivar esta noite está en dirección á mina de volframio de Valborraz.

Aaínda que arestora hai medios na zona, dende a veciñanza reclámanse máis medios para afrontar o incendio.

Segundo as últimas informacións, o lume atopápase agora pola zona das Morteiras.

Nestes vídeos e galería de imaxes pode verse o incendio no municipio de Carballeda de Valdeorras.

 

 

Ver vídeo

Ver vídeo

Ver vídeo

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button