ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Magosto Obarcoaberto, na praza do Concello os días 18 e 19 de outubro

A asociación intercambiará tíckets de compra por cornetes de castañas asadas totalmente gratis

Fotos: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebrará a cuarta edición da campaña Magosto Obarcoaberto os días 18 e 19 de outubro”. Unha acción de dinamización que busca poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva”, adiantan dende a asociación, que preside Jacobo Arias.

A campaña consiste na instalación dunha locomotora de castañas asadas na praza do Concello do Barco onde os clientes poderán intercambiar tíckets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

 

 

O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase durante os seguintes días e horas:
Venres 18 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas e de 18:30 horas a 20:30 horas
Sábado 19 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas

“Os clientes só entregarán tickets actuais, é dicir, de compras realizadas durante a celebración da campaña; e poderán presentar como máximo dous tickets ao día”, matizan dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button