ConcellosO BarcoÚltima hora

O Magosto volve á praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

 

O intenso arrecendo a castaña asada envolvía na tardiña deste luns 11 de novembro, día de San Martiño, a praza Ramón Otero Pedrayo da vila de Viloira (O Barco). Nela congregábanse numerosas persoas para asistir ao tradicional magosto e poder así degustar as saborosas castañas asadas acompañadas de viño, mentres soaba a animada música tradicional do grupo Pándega, acompañada cos cantos dalgúns dos asistentes.

 

 

Estaba previsto que usasen un total de 450 quilos de castañas que, xunto con viño, se repartían gratuitamente entre os asistentes, tal e como informa o Concello do Barco, organizador da celebración.

Fotos e vídeos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button