DeportesÚltima hora

O martelista valdeorrés Carlos Revuelta asegura a súa presenza no nacional absoluto de inverno

O atleta valdeorrés Carlos Revuelta Parra./ Cedida.

 

O atleta valdeorrés Carlos Revuelta Parra (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) vén de debutar nesta fin de semana en Vallermoso, Madrid, lanzando o martelo a 59,24 metros baixo un auténtico chuvieiro, e colocándose 4 da clasificación española do ano. Quedaba segundo no Campionato de Madrid de lanzamentos longos (martelo absoluto e Sub20).

Deste xeito tamén garante a súa clasificación para o campionato de España absoluto de inverno, que se celebrará en Castellón a última fin de semana de febreiro, na que será o seu décimo terceira presenza na devandita proba.

 

Back to top button