DeportesÚltima hora

O martelista valdeorrés Carlos Revuelta imponse no galego absoluto de lanzamentos longos

Nesta mesma competición, que se desenvolvía no Barco, a súa irmá Ana Raquel Revuelta era quinta en disco

Carlos Revuelta no podio do galego de lanzamentos longos, no Barco./ Foto cedida.

 

O Barco de Valdeorras acollía a pasada fin de semana, o sábado 15 de febreiro, o Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos absouto e sub23 ao que acudían preto de medio cento de lanzadores e lanzadoras.

No martelo, o atleta barquense Carlos Revuelta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, lograba a súa MMT en lanzamento de martelo con 60.73 m. por diante do Sub23 Eric Méndez do At. Portugalete. Ademais nesta mesma cita tomaba parte a súa irmá Ana Raquel Revuelta (Ourense Atletismo), que conseguía clasificarse quinta en lanzamento de disco cun rexistro de 27.76.

No concurso de xavelina a atleta do Ourense Atletismo con ficha galega Yiset Jiménez lograba cun lanzamento de 55.08 m. a mellor marca do ano a nivel estatal. Sobre este mesmo concurso, Antía Otero do At. Lugones, lograba a segunda posición con 36.88 m. Na categoría masculina, Iago Pazos do At. Narón proclamábase campión galego absoluto con 55.50 m. e na Sub23 feminina foi  Dayanis Escorcia do Lucus Caixa Rural con 33.92 m. quen facía o propio.

No lanzamento de disco, a líder galega da especialidade Evelyn Fernández do At.Narón, cumplía os prognósticos facéndose co título galego grazas aos seus 37.57 m. Na categoría masculina, foi o campión galego en lanzamento de peso Miguel Angel Grando do Celta, quen mandaba o artefacto ata os 41.44 m.que lle servían para lograr un novo título.

Xa por último, a Sub23 Victoria Eiríz do At. San Sebastian, lograba unha MMT en martelo con 48.29 m. repetindo participación e posto en disco Sub23 con 34.19 m.

Homenaxe a Luis Nogueira

No decurso do campionato rendíallese un emotivo homenaxe á figura de quen fora gran atleta e de Valdeorras, o vilamartinés Luis Nogueira, lanzador de xavelina. Na tarde, descubríase unha placa na súa memoria con presenza do presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín acompañado de familiares, amigos e membros do Concello, que dará nome as pistas de atletismo de Calabagueiros e que pasarán a ser chamadas pista de atletismo Luis Nogueira.

Back to top button