CulturaCulturaÚltima hora

O Meco e as Pampórnigas da Ermida, protagonistas dun xigantesco mural en Quiroga

 

Un novo mural de grandes dimensións rende homenaxe á tradición na vila de Quiroga. Trátase do que está a realizar Joseba Muruzábal na rúa Saa (xunto ao parque da igrexa) e que ten como protagonistas aos personaxes centrais da Romaría da Ermida (Quiroga): a máscara do Meco e as Pámpornigas, uns singulares xigantes. Esta antiga romaría celebrase a primeiros de setembro.

 

 

A iniciativa está promovida pola Asociación Quiroga en Marcha, que realizaba lanzaba un crowfounding para poder financiar esta intervención artística ao aire libre.

Non é a primeira vez que Muruzábal pinta un mural na vila quiroguesa. Da súa autoría é tamén a obra titulada “Erundina vendimadora”.

 

Artigos relacionados

Back to top button