OurenseÚltima hora

O Museo Arqueolóxico Provincial celebra o Día Internacional dos Museos con visitas guiadas, concertos e obradoiros

O Museo Arqueolóxico Provincial prepara varias actividades especias con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos. Este programa inclúe, o día 16 de maio, unha visita guiada ao edificio do Museo na Praza Maior ás 12:30 horas. A entrada é gratuíta pero precísase inscrición previa. Ese mesmo día, ás 20:00 horas, presentarase a peza do me na Sala de Exposicións de San Francisco “Escolma de Escultura”. No Museo Arqueolóxico Provincial.

O 18 de maio farán unha visita guiada ao laboratorio de Restauración do Museo, ás 12:30 horas e con entrada gratuíta con inscrición previa. Logo, ás 21:00 horas, haberá un concerto de Clara Pino & Pablo Vidal no Claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na Praza Maior.

Finalmente, o 19 de maio, está prevista unha visita guiada á sala de exposicións de San Francisco “Escolma de Escultura”. Será ás 12:30 horas, segundo reza o programa, e a entrada será de balde, con inscrición previa.

Obradoiros

Tamén os días 16, 18 e 19 de maio, farán obradoiros didácticos para nenos e nenas baixo o título “Os castrexos e romanos, amigos ou inimigos?”. Estes obradoiros faranse a partir das 10:30 horas no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense na Praza Maior.

Cartel.

Artigos relacionados

Back to top button