CulturaCulturaÚltima hora

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense celebra o Día do Libro

Libera en liña o primeiro volume do Boletín Auriense, revista que inicia a súa andaina en 1971, polo que este ano celebra o seu 50 aniversario

 

No marco da conmemoración do Día do Libro, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense libera en liña o primeiro volume do Boletín Auriense, revista que inicia a súa andaina en 1971, “polo que este ano celebramos o seu 50 aniversario”, din dende esta institución.

O Boletín Auriense, continuador do “Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense”, é unha publicación do Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo e Arquivo provinciais de Ourense para difundir os traballos científicos realizados tanto polos seus membros como por outros investigadores.

Conta ademais cunha serie de Anexos do Boletín Auriense, na que se recollen traballos monográficos de estudio da cultura galega, con especial referencia a Ourense. O vindeiro volume do Boletín Auriense que sairá neste ano 2021, será o Tomo número 50 desta senlleira publicación.

A descarga pode facerse en:

http://www.musarqourense.xunta.es/actividades/dia-do-libro-2021/

Artigos relacionados

Back to top button